XXXI Congreso Internacional da Asociación de Jóvenes Lingüistas

Categories: Novas

cartel_xxxi_congreso_ajl

A trixésimo primeira edición do Congreso Internacional da Asociación de Jóvenes Lingüistas celebrarase os días 19, 20 e 21 de outubro de 2016 na  Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.

Asociación de Jóvenes Lingüistas, creada en Barcelona en 1992, está composta por bolseiros/as de investigación, doutorandos/as e, en xeral, membros das facultades de Filoloxía e outras persoas que todavía non alcanzaron o grao de doutor ou doutora e que se adican á investigación da linguaxe, tanto no ámbito nacional como no internacional.

Desde as súas oríxes, a asociación organiza cada ano un congreso internacional, que supón unha ocasión excepcional para o intercambio de saberes lingüísticos, a exposición de proxectos de investigación e a presentación dos resultados alcanzados nos traballos en curso dos mozos e mozas lingüistas. A gran afluencia das edicións pasadas e a súa boa acollida no ámbito da Lingüística avala o éxito dos seus congresos.

https://congresointernacionalajl2016.wordpress.com

Author: GRADES

Deixa unha resposta