Alumna do Programa de Doutoramento en Lingüística e as súas Aplicacións

Departamento de Tradución e Lingüística

Persoal investigador no proxecto: “Muller inmigrante, lingua e sociedade. Novas perspectivas para a integración”

Departamento de Lingua Española 

Facultade de Filoloxía e Tradución

Universidade de Vigo

 

Datos de contacto :

  • Oficina: Facultade de Filoloxía e Tradución, pavillón A, despacho A58
  • Teléfono oficina: 986 81 20 81
  • Correo electrónico: laurarodriguezs@uvigo.es
  • Dirección postal: Campus das Lagoas-Marcosende, Praza das Cantigas, s/n, E-36310 Vigo

Tese de doutoramento

“Mantemento lingüístico e cultural das comunidades inmigrantes: unha visión dende Vigo”

Esta investigación trata de realizar unha crítica ao concepto de integración a través da descrición das prácticas lingüísticas e culturais da poboación inmigrante, así coma unha reflexión sobre o fondo discursivo referente á mesma, dando resposta a como se presenta e que significa na realidade social. Para acadar estes obxectivos, pártese da análise cualitativa mediante entrevistas en profundidade a inmigrantes asentados en Vigo, onde o foco de atención recae no eido do mantemento lingüístico e cultural, e a revisión de textos institucionais. A idea que motiva este traballo é a defensa do mantemento das linguas e culturas de orixe como factor fundamental para afrontar o proceso de integración.

TEXTO