23

Alumna do programa de Doutoramento en Estudos Lingüísticos

Investigadora predoutoral (bolseira da Xunta de Galicia)

Departamento de Tradución e Lingüística

Facultade de Filoloxía e Tradución

Universidade de Vigo

 

Datos de contacto :

  • Oficina: Facultade de
    Filoloxía e Tradución, pavillón C, despacho C59
  • Teléfono oficina: 986 81 40 02
  • Correo electrónico: lcollazo@uvigo.es 
  • Dirección postal: Laura Collazo Durán
    Facultade de Filoloxía e Tradución.Universidade de Vigo. Campus Universitario. E-36310 Vigo

 

Tese de doutoramento (2013-2017)

Estratexias de representación identitaria no discurso contrahexemónico español no ano 2011

No marco dos movementos sociais, en España tivo un impacto importante o Movemento 15-M – tamén chamado Indignados ou Spanish Revolution -. O interese lingüístico deste movemento radica no seu discurso político e, máis concretamente, na representación dos actores no discurso. A través do estudo das estratexias lingüísticas que empregan os asistentes ás asembleas, será posible determinar quen din eles que son; é dicir, coñeceremos cal é o prototipo de seguidor do 15-M e qué rasgos lingüísticos o diferencian de todos aqueles actores que os membros do movemento consideran opoñentes.

A perspectiva teórico-metodolóxica empregada procede da Análise Crítica do Discurso. Aplicando unha análise cualitativa, pero tamén cuantitativa, os parámetros analizados darannos información sobre cómo o Movemento 15-M representa aos participantes no discurso, cómo se materializa a súa identidade nas expresións lingüísticas para chegar a definir e caracterizar a ideoloxía do 15-M.

Docencia compartida (co profesor titular José Mª. García-Miguel Gallego) na materia Lingüística xeral do Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios da Universidade de Vigo.

TEXTO