Alumna do Programa de Doutoramento en Estudos Lingüísticos

Facultade de Filoloxía e Tradución

Universidade de Vigo

foto

Datos de contacto :

  • Oficina: Facultade de
    Filoloxía e Tradución, pavillón C, despacho C59
  • Teléfono oficina: 986 814 002
  • Correo electrónico: anavarela@ uvigo.es

Tese de doutoramento (2013-2017):

“Lenguaje y demencia: diseño e implementación de un protocolo para el diagnóstico de déficits de coherencia discursiva en pacientes con alzhéimer en Galicia”

Esta tese aborda cuestións relativas ao dominio da comunicación das persoas con demencia. En concreto, o obxecto de estudo material son os déficits de coherencia discursiva das persoas con demencia tipo Alzheimer. Polo tanto, trátase dun estudo que pertence ao ámbito da pragmática clínica, campo epistemolóxico derivado da pragmática aplicada. A investigación persegue tres obxectivos: (i) a elaboración dun protocolo de análise para avaliar os déficits de coherencia das persoas con patoloxías da linguaxe; (ii) a posta en práctica deste protocolo nun grupo de pacientes para validar a súa eficacia; e (iii) a análise da competencia comunicativa dos pacientes bilingües no momento de seleccionar unha lingua de resposta. A hipótese sobre a que se sustenta o resto do traballo establece que a habilidade para manter unha comunicación coherente deteriórase progresivamente conforme avanza a demencia tipo Alzheimer. O traballo desenvolverase en tres fases: a elaboración do protocolo de análise e selección dos pacientes, a recollida do corpus co que se probará o protocolo e, por último, a análise do corpus. Os resultados desta tese poderán axudar á produción de materiais terapéuticos que contribúan a mellorar a vida dos pacientes.

TEXTO