Análise do discurso e pragmática

Estudos de xénero

Lingua, ideoloxía e muller. Construción discursiva do estereotipo feminino e sexismo lingüístico. Lingua, muller e inmigración: representación mediática da muller inmigrante (no Proxecto Emerxente MILES: Muller inmigrante, lingua e sociedade. Novas perspectivas para a integración).

Grafiti

Análise das pintadas na paisaxe urbana en relación coa representación ideolóxica das minorías a través desta forma de comunicación pública, así como o seu papel na revitalización e defensa de linguas minoritarias en comunidades bilingües

Análise do discurso e grafos

Esta liña está a dar os seus primeiros pasos; nela estúdianse aspectos do texto, nun sentido amplo, que poidan ser analizados a través das ferramentas matemáticas provistas pola teoría de grafos ou redes. Nestes momentos estase a estudar a circulación de significados dentro do texto e a cohesión léxica por colocación, ambas as dúas a través de analizar o grado de clusterización e a intermediación (betweenness). Nesta liña, dentro da rede de investigación Tecnoloxía e análise de datos lingüísticos (TecAnDaLi) e en colaboración con profesores do CITIUS da Universidade de Santiago, estase comenzando a desenvolver unha aplicación web que permita este tipo.

Esta línea está dando sus primeros pasos; en ella se estudian aquellos aspectos del texto, en un sentido amplio, que puedan ser analizados a través de las herramientas matemáticas provistas por la teoría de grafos o redes. En estos momentos se está estudiando la circulación de significados dentro del texto y la cohesión léxica por colocación, ambas a través de analizar el grado de clusterización y la intermediación (betweenness). En esta línea, dentro de la red de investigación Tecnología y análisis de datos lingüísticos (TecAnDaLi) y en colaboración con profesores del CITIUS de la Universidad de Santiago, se está empezando a desarrollar una aplicación web que permita este tipo.

Análise interaccional e da conversa

Alternancias de código, fala bilingüe, identidades de xénero, fala de pandilla, humor na fala cotiá, retranca, narrativas conversacionais, cotilleo, estilo conversacional, comunicación de emocións, prosodia.

Lingüística de corpus e gramática baseada no uso

Gramática da lingua de sinais

Estúdanse as linguas de sinais das persoas xordas, particularmente a lingua de sinais española (LSE). O proxecto Relacións actanciais no discurso signado (RADIS) analiza as relacións actanciais na LSE, fixándose nas diferentes clases semánticas de predicados e aplicando unha perspectiva tipolóxica e intermodal, sobre un corpus de discurso signado constituido basicamente por narracións.

Estructura sintáctica e semántica de verbos e cláusulas

ADESSE: Base de datos de verbos, alternancias de diátesis y esquemas sintáctico-semánticos del español

http://adesse.uvigo.es

Morfoloxía derivativa

Análise sincrónica e diacrónica da formación de palabras en español, con especial atención aos aspectos semánticos e a competencia e procesamento de afixos e derivados. Esta liña de investigación conta con finaciamento do Ministerio de Economía e Competitividade dentro do proxecto Estudo morfoxenético do léxico español (Referencia: FFI2012-38550) no que colaboran a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo. Dentro deste proxecto estase a crear a aplicación MORFOGEN (http://bdme.usc.es/cms/) que consta de dúas partes: 1) Unha base de datos onde se almacenan propiedades morfolóxicas de léxico de diferentes linguas, preferentemente castelán e latín, mais tamén outras linguas fonte de préstamos. 2) Unha ferramenta de visualización que permite representar, ben en forma de grafos, ben en forma liñal, as familias e subfamilias léxica do castelán.

Sociolingüística

Bilingüismo

Bilingüismo e biculturalidade. Identidades bilingües. Socialización bilingüe escolar e familiar.

Política lingüística

Análise de políticas lingüísticas, programas de educación bilingüe. Microsociolingüística. Etnografía da comunicación. Epistemoloxía sociolingüística.