Conferencias de Adam Schembri e Mariluz Esteban

Categories: Novas

O grupo GRADES anuncia as seguintes conferencias, que terán lugar no salón de actos da Facultade de Filoloxía e Tradución o próximo 12 de setembro (martes):

  • Ás 9:30: “Towards a corpus linguistics of sign languages”, a cargo de Adam Schembri, profesor da University of Birmingham (Reino Unido)
  • Ás 10:15: “Panorama sociolingüístico de la lengua de signos en España”, a cargo de Mariluz Esteban, directora do Centro de Normalización Lingüística de la Lengua de Signos Española

Haberá interpretación do inglés cara á lingua de signos española e cara ó galego.

Colaboran: Vicerreitoría de Investigación da Universidade de Vigo / Consellería de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia

Author: Jose M. García-Miguel

Deixa unha resposta