O grupo de investigación Gramática, Discurso e Sociedade (GRADES) está constituído por persoal investigador das áreas de Lingua Española e de Lingüística Xeral da Universidade de Vigo. Ten como principal cometido desenvolver investigación básica e aplicada sobre a linguaxe e as linguas dende unha perspectiva sociodiscursiva e funcional. A nosa oferta formativa desenvólvese en diferentes titulacións de grao e posgrao da Facultade de Filoloxía e Tradución, así como tamén no Programa de Doutoramento Interuniversitario de Estudos Lingüísticos.

A nosa experiencia no ámbito da investigación céntrase en liñas como as seguintes: análise da conversa, lingüística de corpus, bilingüismo, gramática e léxico, minorías lingüísticas, política lingüística, linguas de sinais, análise do discurso, lexicografía, escritura cotiá ou patoloxías da linguaxe. Entre as diferentes iniciativas de divulgación da investigación desenvolvidas, destaca a edición da revista Sociolinguistic Studies, que se publica desde o ano 2000, e dos Documentos de traballo en Ciencias da Linguaxe (DTCL), cuxo obxectivo é o de contribuír á visibilización dos resultados da investigación en marcha do grupo.


 


Últimas novas

XIII Congreso Internacional de Lingüística Xeral

Do 13 ao 15 de xuño de 2018, GRADES organiza o XIII Congreso Internacional de Lingüística Xeral. O evento terá lugar na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. Máis información: http://cilx2018.uvigo.gal

Conferencias de Adam Schembri e Mariluz Esteban

O grupo GRADES anuncia as seguintes conferencias, que terán lugar no salón de actos da Facultade de Filoloxía e Tradución o próximo 12 de setembro (martes): Ás 9:30: “Towards a corpus linguistics of sign languages”, a cargo de Adam Schembri, profesor da University of Birmingham (Reino Unido) Ás 10:15: “Panorama sociolingüístico de la lengua de…

Axenda